Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

Exposición de motivos:

Distintos clubes e asociacións da nosa cidade levan a cabo unha meritoria labor, exercitando múltiples disciplinas deportivas e dando a coñecer o seu traballo e bo facer, gracias a súa dedicación, esforzo e preparación física.

Pero o deporte non só son resultados, méritos ou recoñecementos. E de aí a importancia que ten para Ciudadanos. Para nós o deporte, e a súa promoción, é un dos instrumentos de promoción de valores , valores tales como o esforzo, o compañerismo, a competencia sana, o traballo en equipo e os hábitos saudables.

E, por iso, queremos poñer en valor a labor levada a cabo por entidades deportivas que utilizan a práctica deportiva como elemento de relacións persoais, de transmisión de valores e como un ámbito no que non existe as clases sociais nin as desigualdades, é decir, para nós, é un dos elementos de cohesión máis importante co que contamos. E non só por isto, senón que delas saíron e sairán deportistas exemplares e recoñecidos polos seus resultados.

Un dos nosos compromisos é promover o establecemento de medidas que vaian encamiñadas á protección do deporte escolar, do deporte base, ao recoñecemento das pequenas entidades deportivas, que son as que o fomentan, e esta promoción ten que ir acompañada de recursos necesarios, tanto económicos como materiais para que poidan manterse e continuar co seu meritorio traballo.

O Concello ten que amosar o seu apoio dunha forma responsable, sendo coñecedor das necesidades reais e colaborando na medida do posible, non só con recursos económicos, nestas finalidades. O Concello debe tamén velar eficazmente polo correcto mantemento e o bo estado das instalacións municipais, algo que non é sempre o caso.

Proposta para a súa aprobación

  1. - Iniciar unha revisión exhaustiva e continua das instalacións deportivas municipais, para que conten cun mantenemento axeitado e se encontren en boas condicións para o seu uso, atendendo de forma prioritaria calquera queixa ou reclamación o respecto.
  1. - Creación de dúas becas anuais (unha masculina e unha feminina, renovables por un máximo de 4 anos, según méritos), por un importe de 5000 euros cada unha, a que poderán optar deportistas da nosa cidade, para que poidan iniciar ou continuar os seus estudios académicos ou deportivos. Esta axuda terá en conta tanto os seus resultados deportivos, como académicos e as súas rentas familiares.

 

  Pleno do Concello, por unanimidade dos concelleiros asistentes, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

 

  23/10/2020: Remitido acordo plenario a Alcaldía. Recibido aviso de recepción o 23/10/2020.

 

Documentos: