Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
  • 09:00 horas (Centro Cívico Colón. 2º andar. SÓ GRÁFICOS). Constitución da comisión de investigación que depure as responsabilidades técnicas e políticas derivadas da anulación da Ordenación Provisional Urbanística do Concello de Ourense por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
    11:00 horas (Museo Municipal). Rolda de prensa de presentación da exposición de José Luis Álvarez, que se amosará ata o día 10 de xuño no museo da rúa Lepanto. Asiste a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; a directora de Espazos Expositivos do Concello, Eva Torres; e o artista, José Luis Álvarez.
  • 11:00 horas (As burgas). A Concellería de Educación, dentro doprograma "Coñece a túa cidade", organiza una visita guiada para escolares á ruta do "Ourense Literario", que sairá das 11horas das Burgas, na que participarán escolares do IES Blanco Amor. A actividade está organizada coa colaboración daOficina Municipal de Turismo co obxectivo de que mozos e mozas coñezan asúa contorna máis proxima, a súa cidade, e aprendan a respectar e conservar onoso patrimonio histórico- artístico e cultural.
  • 12:00 horas (Expourense). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, asiste á Inauguración de GALISENIOR 2018 11º "Salón Internacional das Persoas Maiores" .
  • 12:00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa do concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, sobre asuntos de actualidade municipal
  • 17:30 horas (Salón de Plenos). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, recibe aos deportivas da do Clube Fundación Cipri Gomes, que aportara á selección galega de Kickboxing, 15 deportistas con idades entre os 8 e os 16 anos ao campeonato de España, que celebrarase os proximos, 11-12-13 de maio, no pabellon de A Raña en Marin (Pontevedra), o cal sera clasificatorio para os campeonatos do mundo.
  • 18:30 horas (Centro Comercial Ponte Vella) Cata de viños do grupo GRM (Ribeiro) e Adega Melillas e Santa Marta (Valdeorras), cunha degustación de Queserías Lomba. Actividade no marco das Xornadas Gastronómicas "Sabor de Maio".
  • 19:15 horas (Museo Municipal). Inauguración da exposición de José Luis Álvarez, que se amosará ata o día 10 de xuño no museo da rúa Lepanto. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez Abad, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.
  • 20:00 horas (Liceo). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, asiste á presentación do libro de Marifé Santiago “Arturo Baltar, el caminante que deshoja paisajes”.