Identidade corporativa

Manual de Identidade Corporativa

O documento inclúe a revisión e actualización da imaxe corporativa do Concello de Ourense, pretende normalizar os usos gráficos e definir con claridade os elementos de comunicación da institución.

Busca proxectar unha identidade visual clara, facilmente identificable polos cidadáns, moderna, flexible e con capacidade para responder ás necesidades de comunicación municipais actuais e futuras.

Mantendo os elementos esenciais da imaxe institucional anterior, a revisión deu lugar a unha identidade visual caracterizada pola súa sinxeleza e claridade, multiusos, que transcende a institución para representar ao propio municipio.

Documentos