Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Exposición de motivos
Nos últimos meses, a pulverización de novos récords do prezo da luz converteuse en algo cotián. Sen ir máis lonxe, o pasado mes de outubro, estreouse cun novo pico de 227,45 euros/ MWh. A curto prazo, non se espera que a situación vaia a mellorar para o consumidor cando, desde o pasado mes de abril, subiu de golpe un 46% e de seguir así, vai supoñer que un fogar medio, cunha potencia contratada de 4,6 kW e un consumo de 3.500 kWh, pagará uns 260 euros anuais máis que o pasado ano.
Pero a luz non é a única subministración cuxo prezo vive momentos de escalada. O prezo da gasolina e o gasóleo volveu a subir marcando novamente máximos anuais; uns niveis que non se rexistraban desde fai máis de sete anos, e de manterse, tamén vai supoñer que un condutor que faga un 20.000 km anuais pague entre 300 e 400 euros máis este ano só en carburante.
E o gas non queda atrás xa que, a mediados do mes de outubro, rexistrábase un prezo medio almacenista de 90 euros por megawatio hora. Nun fogar medio que consuma 9.000 kWh ao ano implicará un sobre custo duns 189 euros na factura, e quen use butano, tampouco se vai se librar de pagar máis xa que a bombona subiu un 33% en 12 meses.
En total, os fogares terán que facer fronte a un gasto anual adicional que pode alcanzar os 850 euros e a subida pode ser maior porque o incremento das subministracións afectan o prezo de materias primas, produtos e servizos que indirectamente volve pagar o consumidor, xa castigados pola crise.
Por se non fose pouco co escuro panorama que se nos presenta, o Goberno de Pedro Sánchez, quere impoñer unha taxa a quen circule por autovías porque "o modelo de que toda a nosa rede viaria sexa gratis non é algo que suceda en Europa", sinalan, mentres proceden ao mesmo tempo a liberar de peaxes ás autoestradas de Cataluña ou Andalucía, mentres que en Galicia non deixan de subir.
Nun principio, implementaríase o pago por uso, inicialmente de 1 céntimo por quilómetro, en 2024, pero para finais de 2023 preténdese establecer unha primeira fase, cun sistema de 'viñeta' e unha cota fixa.
Así, o primeiro impacto desta medida será o empobrecemento das clases traballadoras que necesitan desprazarse ao seu lugar de traballo e o encarecemento de custos de todo tipo de servizos. A maiores, os que non poidan pagar terán que desviarse polas estradas secundarias o que auguran un dramático repunte da sinistralidade.
O custo por usuario desta medida será de 2000 euros ao ano e os mais prexudicados serán os habitantes periféricos, como é o caso de Galicia. Así, Ourense, unha vez máis, será unha das cidades máis afectadas, pois a súa economía depende da vertebración que a A52 puxo ao seu servizo a finais dos anos noventa e que usan miles de ourensáns que traballan fóra da cidade, indo e vindo no día a Vigo, Verín, Lalín, Xinzo, Carballino ou Porriño, así como traballadores doutras cidades que chegan a Ourense todos os días desde outros concellos galegos.
Xa sabemos como empezan estas cousas. Comézase cobrando un céntimo por quilómetro e cando o goberno quere recadar máis, o usuario está a pagar 3 ou 5 céntimos por quilómetro, reproducindo a gran escala o que leva facendo coa AP9 desde 1981. O custo da estrutura de autoestradas nacionais (uns 12.000 quilómetros de vías de alta velocidade) é un dos argumentos esgrimidos polo Goberno para xustificar esta medida. Inicialmente expúxose cobrar unicamente polo uso de autovías e autoestradas, pero agora ábrese a porta a que as distintas autonomías poidan cobrar polo uso das estradas rexionais.
Proposta para a súa aprobación
Emenda presentada polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego
EMENDA DE ENGÁDEGA
TEXTO INICIAL DA PROPOSTA DE ACORDO
1. Instar ao Goberno Central a manter as autovías e estradas da Rede de Estradas do Estado do noso territorio libres de calquera tipo de peaxe, taxa ou imposto que supoña suprimir a gratuidade da libre circulación por afectar gravemente á poboación que utiliza estas vías esenciais para o seu traslado e por restar competitividade ao tecido económico.
PROPOSTA DE ENGÁDEGA
2. Instar á Xunta de Galiza á redución e paulatina eliminación das peaxes da AP - 53, de titularidade da administración galega, polo agravio que supón para as persoas e empresas das respectivas comarcas polas que transcorre.
REDACCIÓN FINAL DA PROPOSTA DE ACORDO
O Pleno do Concello, por sete votos a favor do Grupo Municipal de Ciudadanos, do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego e de dona María Teresa Rodríguez Garrido, don Manuel Álvarez Fernández, dona María del Mar Fernández Dibuja e don Laureano Bermejo Ansia, concelleiros non adscritos; e dezaoito abstencións do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal do Partido Popular e do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a emenda do BNG.
En consecuencia, queda aprobada a moción coa redacción dada pola emenda do Grupo Municipal do BNG.
26/01/2022: Remitido acordo plenario a Gabinete de Alcaldía. Recibido a viso de recepción o 27/01/2022.
Documentos para descargar: