Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Antes da pandemia da Covid-19, a Atención Primaria atravesaba unha profunda crise estrutural, con demoras e masificación da asistencia, como consecuencia dos recortes nos orzamentos aplicados polos sucesivos gobernos do Partido Popular. Na actualidade, os orzamentos na Atención Primaria apenas supoñen o 12 % do orzamento sanitario total, polo que é evidente e urxente incrementalo.
A crise da Pandemia por Covid-19 e a súa patoloxía, significou a paralización da actividade Asistencial tanto da Atención primaria como da Hospitalaria, por medo a que colapsara o hospital, o que determinou non só postergar a actividade asistencial preferente e crónica, senón tamén a actividade quirúrxica non urxente, co incremento das demoras, tanto en consultas como en probas complementarias, así como as listas de espera quirúrxicas. Estímase que en Galicia paralizáronse ao redor de 3.000 das intervencións cirúrxicas, 600.000 consultas e 20.000 probas diagnósticas.
Ó mesmo tempo a administración, pechou os centros de saúde e limitouse o acceso aos mesmos, substituíndo a consulta presencial pola telefónica e reduciuse o aforo das salas de espera obrigando aos pacientes a facer cola fóra dos centros para recibir atención.
Estas actividades hai que reabrilas o antes posible, para evitar o deterioro do propio sistema e empeorar os datos de saúde da poboación.
Durante o estado da alarma sanitaria a Atención Primaria demostrou a importancia de dispoñer dun nivel asistencial universal, gratuíto e de proximidade coa poboación. Nos meses máis duros do confinamento a Atención Primaria identificou contaxios e contactos, realizou o seguimento das persoas infectadas nos seus domicilios, atendeu e resolveu o resto das patoloxías e as dúbidas e temores da cidadanía.
Durante eses meses, os traballadores e as traballadoras da Sanidade Publica recibiron o recoñecemento e a gratitude da cidadanía a súa labor desenvolvida en durísimas condicións. Este recoñecemento abría a esperanza de que tras o estado da alarma sanitaria, o SERGAS impulsase medidas e reformas para mellorar e fortalecer esta primeira liña asistencial, tal como manifestan as sociedades científicas, axentes sociais e sindicais.
Lamentablemente, a realidade e ben distinta e a veciñanza do noso concello atopamos a mesma precariedade anterior engadida a unha atención baseada en primar consultas telefónicas sobre as presenciais e con restricións de acceso ó Centro de Saúde.
A implantación das consultas telefónicas de maneira xeralizada non é comprendida pola cidadanía e orixina nela sentimentos de afastamento e desprotección do sistema Sanitario Público
O restrinxir o acceso ó Centro de Saúde, formando largas colas diante do centro só co argumento de “evitar contaxios no Centro de Saúde” é un temor infundado, para non deixar ver o principal problema, falta de recursos e medios, tanto profesionais sanitarios coma non sanitarios para dar cobertura a poboación.
Ante esta situación, A plataforma SOS Sanidade Pública, reclama que se implante de forma inmediata nos Centros de Saúde un protocolo anticovid-19 que estableza circuítos seguros de mobilidade no seu interior, salas de espera adaptadas para cumprir coas actuais normas sanitarias, onde tanto profesionais como usuarios sintámonos seguros. Ampliar o cadro de profesionais e as quendas de atención para rematar coas inaceptables listas de espera é outra das reclamacións.
Non imos deixar que a Covid-19 serva de escudo á Xunta de Galicia onde resgardarse para non facer fronte ós problemas estruturais que padece a Atención Primaria dende hai moito tempo. Precariedade laboral, falta de inversión e o recoñecemento do seu papel vertebrador dentro do sistema sanitario.
A todo o anterior debemos engadirlle a imperiosa necesidade de construir dunha vez por todas o tan demandado centro de saúde no barrio do Vinteún, que permita desconxestionar o existente no barrio da Ponte e a construción dun novo no barrio da Cuña, que poña fin aos innumerables inconvintes do centro de saúde actual no que a espazo e accesibilidade se refire.
Por todo o anterior, o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense solicita do pleno da corporación a adoción dos seguintes
ACORDOS
1. Instar á Consellaría de Sanidade, a implantación de forma inmediata nos Centros de Saúde dun protocolo anticovid-19 que estableza circuítos seguros de mobilidade no seu interior, salas de espera adaptadas para cumprir cas actuais normas sanitarias, donde tanto profesionais como usuarios nos sintamos seguro
2. Instar á Consellería de Sanidade a implantar de inmediato as consultas presenciais para todas as persos que o demanden. Limitar as consultas telefónicas ou telemáticas a unha actividade asistencial complementaria, recetas, baixas, resultados, etc. que non discrimine ás persoas maiores con dificultades para dispoñer e manexar as novas tecnoloxías.
3. Instar á Consellería de Sanidade á adopción das medidas organizativas precisas para que as usuarias e os usuarios, podan acceder aos centros, rematando coa deplorable situación das colas na rúa.
4. Instar á Consellería de Sanidade, a contratar e acabar ca precariedade laboral do persoal, aplicando un “Plan de Mellora da Atención Primaria” que redimensione os equipos multidisciplinares para dar cobertura as necesidades de saúde da poboación.
5. Instar á Consellería de Sanidade, a Incrementar de maneira urxente o presuposto sanitario, destinado a Atención Primaria, o obxectivo sería alcanzar o 25% do presuposto, estes presupostos deben ser finalista para que non terminen en outras partidas.
6. Instar á Consellería de Sanidade, a desenvolver os instrumentos de participación cidadán na sanidade, tan necesarios, para que a cidadanía exprese a súas necesidades e poder actuar con eficiencia sobre os determinantes da saúde.
O Pleno do Concello, por catorce votos a favor do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal de Ciudadanos, do Grupo Municipal do BNG e de dona María Teresa Rodríguez Garrido, dona María del Mar Fernández Dibuja, de don José Miguel Caride Domínguez e de don Laureano Bermejo Ansia, concelleiros non adscritos; sete votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular; e dúas abstencións do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.
30/12/2021: Remitido acordo plenario a dona Eugenia Díaz Abella. Recibido aviso de recepción o .