Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Ao longo da súa historia, a cidade de Ourense foi obxecto de múltiples tensións e disputas polo control estratéxico, xurisdicional e político da capital.
Tras a decadencia da cidade, froito das invasións árabes e normandas, nos séculos X e XI, Ourense inicia unha lenta recuperación e comeza a adquirir a súa preeminencia dentro do cuadrante sur oriental de Galicia, dada a súa condición episcopal, que logrou durante os tempos do reinado suevo. Desaparecida coa invasión musulmán, a sede auriense foi restaurada na época altomedieval, por obra do rei Alfonso III de Asturias, o que facilitou a reocupación dos seus edificios tradicionais na capital: a antiga catedral de San Martiño –restaurada no ano 1084 polo bispo Ederonio sobre as ruínas da antiga- e o palacio episcopal.
Historicamente, sitúase o primeiro recoñecemento institucional da cidade de Ourense no século XII, na Carta Puebla dada polo bispo Diego Velasco no ano 1122, na que se xustificaba como “volens quippe auriensis ciuitativas desolatione propensius restaurare” (quería librar máis doadamente á cidade de Ourense da desolación). Un recoñecemento que foi consecuencia da concesión do señorío da cidade a favor da igrexa e bispo de Ourense, feita polas fillas de Alfonso VI de León, co afán de vencellar a capital aos respectivos bandos en conflito.
Así, Urraca, sobriña da histórica dona Urraca de Zamora, e a súa media irmá Teresa, reinaron en Galicia e León, protagonizando continuos enfrontamentos por dominar os territorios que herdaron dos seus pais. Uns enfrontamentos que provocaron a independencia de Portugal e, ao mesmo tempo, puxeron en valor as terras da provincia ourensá, dada a súa posición estratéxica limítrofe.
Diego Velasco, o bispo auriense -do que mesmo sinalan que foi compañeiro de estudos do bispo Xelmírez de Santiago e formou parte do cabildo compostelán- tivo que soportar a presión exercida polos reinos de Portugal e León polo control do territorio de Ourense, considerado un enclave estratéxico pola súa situación limítrofe e cunha fronteira que aínda non estaba ben definida.
E o feito de que o bispo recibira as doazóns da raíña Teresa, froito do acordo coa súa irmá a reina Urraca, beneficiou á diocese de Ourense, no só desde o punto de vista político, senón tamén económico e comercial, pois incluía a realización dun mercado mensual na cidade, con garantías de protección e seguridade para todos os que acudirán a el: “concedo ut médio mensis ad Auriensem burgum conueniant et securi et inlesi in eundo et in redeundo persistant” (permiso para que a mediados de mes se reúnan nos dominios de Auriensis e permanezan a salvo e ilesos na súa ida e volta). Unha decisión que favoreceu que o núcleo auriense aumentase en poboación: “do atque concedo Auriensi sedi ut sit ibi urbs ampliori plebe ornata” (concedo e permito que Auriensis se asente alí, agraciada coa xente máis ampla).
Posteriormente, no 1131, Alfonso VII, concederíalle á cidade de Ourense os bonos foros dos que desfrutaba tamén a vila de Allariz e o conxunto das terras da Limia, eximíndoas do pago do teloneo e portazgo, o imposto que gravaba o tránsito e venta de mercancías entre territorios e, en definitiva, concedéndolle á Ourense o título de cidade con todo o que implicaba o mesmo: “do perenniter adque concedo ut sit in ea burgus sive civitas et quod populetis eam”(outorgo e concedo perpetuamente nela un distrito e cidade sobre o que se asente a poboación).
A mediados do século XIII, o concejo de Ourense completaríase coas súas correspondentes maxistraturas, contando xa con cinco rexedores, un consello de homes bos, dous xuíces, ademais de varios persoeiros e un chanceler. Xuíces e rexedores que eran designados pola mitra, mais que desaparecerían en 1571, ao ser nomeado un correxedor, en 1571, polo rei Felipe II, atendendo as persistentes peticións da cidade, a causa da falta de xustiza. A comezos do século XVI, os rexedores serían xa oito.
En definitiva, a historia da cidade de Ourense durante todo o antigo réxime foi unha loita continua entre dous poderes, dunha parte os bispos e, doutra, o concejo, do que tamén formaban parte algúns representantes designados pola igrexa.
E desas loitas, o concejo foi adquirindo, pouco a pouco, máis liberdades, ata o punto de que baixo o reinado de Alfonso X, en 1256, a cidade négalle vasalaxe ao bispo a acorda renderlle tributo, directamente, ao rei, a quen acoden as dúas partes enfrontadas. O bispo e cabido reclamaron ante o monarca o recoñecemento do señorío xurisdicional e territorial da cidade e o concejo amosou as súas queixas contra o estamento eclesiástico que pretendía seguir rexéndoa. A sentencia real foi que os xuíces, nomeados ata entón polo bispo, pasarían en adiante a ser elixidos de entre los seis hombres buenos que el concejo le proponga.
Mais a igrexa non se resignaría e seguiría intentando e, no 1531, o bispo consigue da reina a facultade de designar o alcalde mayor, e os xuíces pasan a depender do novo funcionario. Ante esta situación, o concejo acude a Real Audiencia para reclamar o nomeamento polo rei dun correxedor, o cal logra en 1571. A partires de entón, o poder real vaise afianzando e, con el, no 1628, o inicio da progresiva independencia política da cidade de Ourense da igrexa, que seguiría conservando diversas rexedorías, notarías e procuradorías, mais non a súa influencia, directa, sobre o goberno municipal da mesma.
Por todo o exposto, e tendo en conta os acontecementos históricos sinalados e documentados, desde o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE presentamos para súa aprobación por parte desta Corporación Municipal as seguintes propostas de ACORDOS:
O concelleiro non adscrito Sr. Álvarez Fernández abandona o salón de plenos.
As concelleiras non adscritas, a Sra. Rodríguez Garrido e a Sra. Fernández Dibuja, encóntranse a ausentes durante a votación.
O Pleno do Concello, por trece votos a favor do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, do Grupo Municipal de Ciudadanos e don Laureano Bermejo Ansia, concelleiro non adscrito; dous votos en contra do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego; e sete abstencións do Grupo Municipal do Partido Popular, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.
26/01/2022: Remitido acordo plenario ao Gabinete de Alcaldía. Recibido aviso de recepción o 27/01/2022.
Documentos para descargar: