Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No ano 2000, presentábase o proxecto para a construción do camping municipal de Untes por parte do Concello de Ourense. Inaugurouse unha década despois, en xullo de 2010, despois de que unha vez construído existira unha demora de 7 anos para conseguir sacar adiante a licitación e adxudicación definitiva da xestión do cámping. A empresa adxudicataria foi Amencer Reciclaje, que creou naquel momento 14 postos de traballo para persoas con discapacidade física ou psíquica.
O único camping de Ourense, próximo ás termas e proxectado coma espazo dotacional de alto nivel para o turismo, foi o primeiro cámping de Galicia, pioneiro en canto a modelo turístico e de maior nivel para os seus usuarios e tamén o único no seu xénero en canto á integración de persoas con discapacidade na súa xestión.
Así mesmo, foi tamén referencia no seu momento en materia terapéutica e de ocio, cun centro de rehabilitación con piscina e spa no que se podían recibir tratamentos adaptados ás doenzas ou tipos de minusvalías das persoas usuarias.
O cámping inicialmente construído contaba xa daquela con 20 bungalows, 36 parcelas abertas, e servizos de supermercado e cafetería.
No ano 2015, o seu peche foi provocado por problemas legais coa anterior concesionaria Aspanas Termal, o Concello non puido recuperar a concesión ata o verán dese mesmo ano ao entrar en concurso de acredores a firma.
O antigo cámping de Untes leva xa 6 anos pechado, desmantelado e cheo de maleza. Está situado na estrada N-120, Km. 578, no núcleo rural de Untes, conta cunha superficie de aproximadamente 15.000 m2 e a súa orografía inclúe 6 bancadas ou terrazas en desnivel mirando cara ao río.
Nestes últimos anos o Concello de Ourense tivo que proceder ao seu tapiado por converterse nun refuxio de okupas e tamén polos numerosos actos vandálicos que sufriu, que o baleiraron de numerosos enseres, e que fan que agora mesmo fique o recinto abandonado e cuberto de maleza arredor.
No ano 2018, tiña lugar a presentación do proxecto de restauración do Camping de Untes a través dun novo modelo de cámping con glamour ou “glamping”, con tendas de diseño fixas e destinado a un público de nivel medio-alto. O proxecto foi redactado por Alberto de Paula e Aurelio Outeiriño (os mesmos arquitectos que redactaron o proxecto orixinal do ano 2000) por un importe total de 826.341,59 € (IVE incluído) e contaba con todos os informes urbanísticos favorables, á espera dun proxecto previo de saneamento para poder licitarse e proceder á súa execución.
O proxecto contempla a eliminación dos antigos bungalows e a construción 34 parcelas de 72 m2, con reserva cada unha delas de 12 novas tendas de madeira fixas con vistas ao río Miño. En cada parcela poderían acollarse dende caravanas, autocaravanas, ou tendas de campaña, todas elas con suministro eléctrico e de auga. A maiores renovaríase o interior cunha recepción e cafetería (218,69 m2 e capacidade para 74 persoas), edificio de supermercado climatizado (77,29 m2), aseos e servizos (198,39 m2 e capacidade para 38 persoas) e lavandería.
Un proxecto no que se poñía relevancia na protección do río e o turismo de natureza nun enclave privilexiado e de grande riqueza paisaxística con flora e fauna autóctonas, conectado coas Termas de Outariz a través dunha senda dende 2008 pola marxe dereita do río Miño e extensible ata Santa Cruz; con zona para a práctica deportiva á marxe do sendeirismo e a bicicleta, e tamén para concertos ou espectáculos ao aire libre, no que se potenciaba a alimentación enerxética por xeotermia, incluso podendo abastecer a todo o recinto de enerxía e auga quente.
O proxecto de saneamento e canalización de augas residuais que verten directamente ao Miño, imprescindible para que poida ser realidade o proxecto, pode enfocarse de dúas maneiras: ou ben coma un proxecto integral para un sistema de depuración do propio cámping e de varias casas de Untes coa construción dunha nova estación depuradora, se existe a posibilidade de facer un convenio de colaboración e financiamento coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por parte do Concello de Ourense, debido a o seu alto custe. Ou ben mediante un plan de canalización de augas residuais e conexión das mesmas á estación de bombeo situada en Sistís, para así poder proceder á eliminación das fosas sépticas.
A fosa séptica que existe actualmente no cámping válida e autorizada pola Confederación Hidrográfica está practicamente baleira, mentres que a situada a carón do camping na que verten as vivendas do núcleo de Untes está colmatada, xerando incluso malos olores.
O proxecto individual ou conxunto de saneamento segue paralizado 3 anos despois da presentación do proxecto de restauración do Cámping de Untes, primeiro co PP en solitario no goberno e agora co bipartito PP-DO novamente, e temos ante nós outra instalación municipal de alto custe inversor no seu día totalmente abandonada, pechada e en estado de degradación.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista presenta neste Pleno, para a súa aprobación, as seguintes propostas de ACORDOS:
O Concello Pleno, por vinte e catro votos a favor do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal do Partido Popular, do Grupo Municipal de Ciudadanos, do Grupo Municipal do BNG e de dona María Teresa Rodríguez Garrido, de dona María del Mar Fernández Dibuja, de don Manuel Álvarez Fernández, de don Miguel Caride Domínguez e de don Laureano Bermejo Ansia, concelleiros non adscritos; e tres votos en contra do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.
30/12/2021: Remitido a dona Flora Moure Igleisias. Recibido aviso de recepción o 3/01/2022.