Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O sitio web https://ourense.gal é un dominio en Internet de titularidade do Concello de Ourense, Praza Maior, 1. 32005 Ourense.


Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e uso do presente sitio web, do que é titular o Concello de Ourense.

O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación das presentes condicións xerais na versión publicada no momento no que o usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo de as condicións particulares que puideran aplicarse a algúns dos contidos ou servizos concretos do sitio web.

Política de privacidade.

Esta política de privacidade establece a forma en que se van xestionar os datos persoais que como persoa usuaria poida proporcionar a través deste sitio web do Concello de Ourense [www.ourense.gal]. Antes de seguir navegando é recomendable que a lea xa que é imprescindible a súa aceptación no caso de que introduza datos persoais a través deste web.

Nesta declaración de privacidade explicamos que datos persoais recompilamos neste sitio e como os utilizamos.

Advertir que os maiores de trece anos poderán introducir os seus datos neste Web sen o consentimento previo dos seus pais ou titores. No caso dos menores de trece anos requírese o consentimento dos pais ou titores para o tratamento dos seus datos persoais.

É preciso advertir que esta Política de Privacidade poderá variar en función de exixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que se aconsella ás persoas usuarias que a visiten periodicamente.

O Concello de Ourense adecuou este web ás esixencias da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), e ao Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, coñecido como o Regulamento de desenvolvemento da LOPD. Cumpre tamén co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas (RGPD).

Responsable do tratamento dos seus datos persoais

  • Identidade do responsable: Concello de Ourense
  • NIF: P3205500F
  • Enderezo: Praza Maior nº1 Ourense
  • Tipo de entidade: Administración pública


Finalidade coa que tratamos os datos persoais

No formulario para realizar unha pregunta ao alcalde solicitamos os seguintes datos persoais: nome, DNI, correo electrónico e ademais anotamos o enderezo IP. Tamén informamos de que os datos facilitados a través deste formulario, estarán situados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social na rúa Chile nº 54, 26007 Logroño (A Rioxa) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys.

A finalidade desta toma de datos é poder ofrecerlle unha ferramenta de comunicación co alcalde de Ourense e que este lle poida responder as súas inquedanzas.

Ao facilitar esta información, vostede dá o consentimento para que sexa recompilada, utilizada, xestionada e almacenada polo Concello de Ourense, só como se describe no Aviso Legal e na presente Política de Privacidade.

Existen outras finalidades polas que tratamos os seus datos persoais:

  •  Para garantirmos o cumprimento das condicións de uso e a lei aplicable. Isto pode incluír o desenvolvemento de ferramentas e algoritmos que axudan a este web a garantir a confidencialidade dos datos persoais que recolle.
  • Para apoiarmos e mellorarmos os servizos que ofrece este web.
  • Para xestionarmos as redes sociais onde o Concello de Ourense ten presenza. O tratamento dos datos das persoas que se fagan seguidoras nas redes sociais das páxinas oficiais do Concello de Ourense, rexerase por este apartado e tamén por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e aceptadas previamente pola persoa usuaria. O Concello de Ourense tratará os seus datos coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informará a cidadanía dos servizos que se ofertan desde a administración local, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.

De acordo co establecido no regulamento xeral de protección de datos europeo (RGPD) 2016/679, o Concello de Ourense con domicilio na Praza Maior nº 1, 32005 será responsable do tratamento dos datos que lle sexan solicitados a través deste web. Toma de datos que está dada de alta no Rexistro de actividades de tratamento do Concello de Ourense.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse ata que non sexa solicitada a súa supresión polo interesado.

Lexitimación para o tratamento dos datos

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento.

Cando introduce datos persoais neste web requírese o consentimento con esta política de privacidade

As categorías de datos que se soliciten a través deste web son da categoría de datos identificativos. Non se tratan categorías de datos especialmente protexidos.

Debe entender que é imprescindible que nos facilite os seus datos no caso de querer realizarlle unha pregunta ao alcalde a través do formulario “O Alcalde responde”. Por iso, se non nos facilita os datos persoais solicitados no formulario ou non acepta esta política de privacidade, non poderemos xestionar a súa solicitude.

Persoas destinatarias ás que se lles comunican os datos

O Concello de Ourense, comparte os datos persoais proporcionados a través deste web cos seguintes prestadores baixo as súas correspondentes condicións de privacidade:
Servizo de Correo electrónico: Utilizaremos o correo electrónico, para poder realizar a tramitación da pregunta que formule a través do formulario de consultas ao alcalde (sección “O Alcalde responde”) por iso os datos persoais que proporcione se atoparán nos servidores de Arsys Internet, S.L. con domicilio social na rúa Chile nº 54, 26007 Logroño (A Rioxa) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense.

Os seus dereitos ao facilitarnos os seus datos

Ten dereito a:

  • Solicitar o acceso aos datos persoais que nos proporcione.
  • Solicitar a súa rectificación ou supresión.
  • Solicitar a limitación do seu tratamento.
  • Solicitar a portabilidade dos datos.

Como persoa interesada poderá acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente o Concello os conservará para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. O Concello de Ourense, deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións. Coma interesado, ten dereito a recibir os datos persoais que nos teña facilitado nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando:

  • O tratamento estea baseado no consentimento.
  • Os datos teñan sido facilitados pola persoa interesada.
  • O tratamento se efectúe por medios automatizados.

Ao exercer o seu dereito á portabilidade dos datos, terá dereito a que os datos persoais se transmitan directamente de responsable a responsable cando sexa tecnicamente posible.

As persoas interesadas tamén terán dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, neste caso, a Axencia Española de Protección de Datos, se considera que o tratamento de datos persoais que lle concirnan infrinxe o Regulamento.

Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante unha solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.

Segredo e seguridade dos datos

O Concello de Ourense comprométese no uso e tratamento dos datos persoais das persoas usuarias, respectando a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coa súa finalidade, así como a dar cumprimento á súa obriga de gardalos e adaptar todas as medidas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, de conformidade co establecido na normativa vixente de protección de datos.

Este web inclúe un certificado SSL. Trátase dun protocolo de seguridade que fai que os seus datos viaxen de maneira íntegra e segura, é dicir, a transmisión dos datos entre un servidor e un usuario web, é totalmente cifrada e encriptada.

O Concello de Ourense non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade da rede Internet e por tanto a violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros.
Con respecto á confidencialidade do procesamento, o Concello de Ourense asegurará que calquera persoa que estea autorizada por esta administración para procesar os datos de carácter persoal (incluído o seu persoal, colaboradores e prestadores), estará baixo a obriga de confidencialidade (xa sexa un deber contractual ou legal).

Cando se presente algún incidente de seguridade, ao darse conta o Concello, notificaralles ás persoas usuarias afectadas sen demoras indebidas e proporcionaralles información oportuna relacionada co Incidente de Seguridade tal como se coñeza ou cando a persoa afectada o solicite razoadamente.

Exactitude e veracidade dos datos

Como persoa usuaria garante e responde, en calquera caso, da exactitude, vixencia e veracidade dos datos persoais facilitados, e comprométese a mantelos debidamente actualizados e aceptará proporcionar información completa e correcta.

Cambios na política de privacidade

O Concello de Ourense resérvase o dereito a modificar esta política para adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudencias.

Modificacións.

Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, o Concello de Ourense reservase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, de forma unilateral.

Así mesmo, reservase o dereito a modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outra condición particular.

Hiperenlaces.

Os hiperenlaces contidos no sitio web poden dirixir a páxinas web de terceiros. O Concello de Ourense non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puideran aparecer en dito sitio, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre o Concello de Ourense e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.