Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Coches aparcados

O servizo de regulación e ordenación do aparcamento de vehículos na vía pública (ORA) do Concello de Ourense ofrecerá desde este mes a posibilidade de pagar desde o teléfono móbil.

Fachada Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, confirma que durante o mandato reducirá un 40% o imposto municipal de vehículos de tracción mecánica

O Concello de Ourense mobiliza 22 millóns de euros para avanzar na mellora de infraestruturas, zonas verdes e limpeza do perímetro rural.

Foto do almacén

Un investimento de 27.272,86 euros permitiu o acondicionamento das instalacións do Campo da Feira para albergar o almacén de tráfico -con cargo á partida de Acondicionamento e mellora de edificios municipais, da Concellería de Servizos Xerais-. O Concello deixa así o local, en réxime de aluguer, emprazado no barrio de Vista Hermosa, e que tiña un custe aproximado de 2.000 euros mensuais: “As novas instalacións estarán rendibilizadas en menos dun ano”, asegura o concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Álvarez, “ademais de centralizar os servizos do Concello nunha soa zona”.

Pazo provincial da Deputación de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anuncia a intención de celebrar o vindeiro pleno da Corporación Municipal, que se traslada para o día 17 de xullo, na Deputación Provincial, por entender que “é moito máis operativo, ademais de cumprir coas normas establecidas pola situación sanitaria no que se refire ás distancias”.

Praza Maior

O Concello de Ourense reanuda a atención presencial nas súas oficinas administrativas da Casa do Concello, no marco da nova normalidade que desde hoxe, luns, día 15 de xuño, comeza en Galicia. Faino co aforo limitado, sen necesidade de cita previa, no horario habitual de 9:00 a 14:00 h, nas condicións que determina a normativa orixinada pola crise sanitaria.

O Concello de Ourense duplica a achega do convenio de colaboración a Cáritas, que ascende a 250.000 euros.  

Fachada do Teatro Principal

A xunta de voceiros dos grupos políticos representados no Concello de Ourense, celebrada esta mañá, decidiu trasladar ao Teatro Principal as vindeiras tres sesións plenarias para que se poidan celebrar con todas as condicións de seguridade que marcará, presumiblemente, a fase 3 da pandemia. O lugar escollido, “un sitio realmente precioso” en palabras do alcalde, permite que convivan técnicos e políticos mantendo as distancias de seguridade e a separación mínima.

A primeira das sesións será o luns 15 de xuño, unha sesión extraordinaria que decidirá a composición das mesas electorais para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo. A segunda sesión será a que se corresponde coa ordinaria do mes de xuño, o xoves 18 ás 9:00 horas, un pleno ao uso con mocións dos grupos políticos, modificacións de crédito, etc. A seguinte sesión celebrarase o 17 de xullo.

Para o alcalde de Ourense, o Teatro Principal ou o Auditorio poderían acoller todos os plenos até finais de ano.

Praza de aparcamento en zona ORA

O Concello de Ourense reactivou o servizo de ordenación e regulación de vehículos na vía pública (ORA), nas mesmas condicións que funcionaba antes da declaración do estado de alarma. Esta medida adóptase no marco da nova fase da desescalada dentro do estado de alarma que se inicia, despois de que o servizo fose desactivado polo Concello durante a etapa de confinamento pola pandemia da covid-19. Así, desde o luns, 25, os parquímetros volven funcionar e as persoas que utilicen as prazas deberán abonar as tarifas definidas na ordenanza municipal.

Pola súa banda, o mesmo día volveu tamén ao seu funcionamento ordinario o servizo de transporte en autobuses urbanos. Este xa oferta actualmente a totalidade de rutas e frecuencias que tiña antes do estado de alarma, mais volve ser de pago. O parque móbil xa está adaptado ás condicións de seguridade requiridas pola situación sanitaria e os vehículos incorporaron pantallas de seguridade para garantir que non haxa contactos que poñan en risco a saúde, tanto de quen viaxa nos autobuses como de quen os conduce.

Ourense, nova etapa

O Concello anima á cidadanía de Ourense a afrontar esta nova etapa despois do confinamento pola pandemia da covid-19, seguindo as medidas de seguridade que son necesarias e respectando as distancias e as indicacións do estado de alarma. O Concello convida a veciños e veciñas de Ourense a comprar no comercio local, que lle dá vida á cidade.