Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Con motivo da festividade de Fieis Defuntos, o Concello de Ourense manterá abertos ininterrompidamente os cemiterios municipais desde as 9:00 até as 19:30 horas os vindeiros 28-29 de outubro e 1-2 de novembro.

Así mesmo, Urbanos de Ourense reforzará o servizo os días 30, 31 de outubro e 1 de novembro con dous servizos que sairán desde a estación de autobuses e desde o Vinteún en dirección ao Cemiterio de Santa Mariña, con parada no cemiterio de San Francisco.


Servizos relixiosos 1 de novembro

  • 12:00 horas: Procesión á foxa común con celebración litúrxica no cemiterio de Santa Mariña.
  • 16:00 horas: Visita do sr. Bispo ao cemiterio das Caldas.
  • 17:00 horas: Misa no cemiterio de Santa Mariña
  • 17:00 horas: Visita do sr. Bispo ao cemiterio de San Francisco.

Servizos relixiosos 2 de novembro

  • 12:00 horas: Misa no cemiterio de Santa Mariña.
  • 17:00 horas: Misa presidida polo sr. Bispo no cemiterio de Santa Mariña.