Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense ten rexistradas 176 reclamacións por plusvalías, das que os técnicos municipais estiman que deberían ser desestimadas un 90%. Os datos reais e obxectivos sobre este asunto foron explicados en Xunta de Área aos membros da oposición. “Descoñecemos de onde saíron os datos erróneos de que había máis de 3.000 reclamacións e conlevarían devolucións millonarias. Os feitos son os feitos: nós seguiremos demostrando a nosa seriedade, o noso rigor e que somos futuro”, sinala a concelleira de Facenda, Ana Morenza

Trala controversia xurdida a raíz da sentencia do Tribunal Constitucional con respecto ás devolucións da plusvalía, o Goberno Municipal informou aos grupos da oposición, en xunta de área, os datos reais e obxectivos que constan no Concello de Ourense respecto a este asunto.

En total, son 176 as reclamacións rexistradas, por un importe de pouco máis dun millón de euros. A maiores, os técnicos municipais (tal e como explicou o xefe de servizo da área Económica na xuntanza) estiman que tras un estudio previo, o 90% destas reclamacións deberían ser desestimadas por non aportar ningún documento ou proba que acredite a pérdida de valor, único motivo que daría lugar a unha devolución do cobrado, segun a devandita sentencia do Tribunal Constitucional.

“Descoñecemos de onde saíron os datos erróneos de que había máis de 3.000 reclamacións e conlevarían devolucións millonarias. Os feitos son os feitos: nós seguiremos demostrando a nosa seriedade, o noso rigor e que somos futuro”, sinala a concelleira de Facenda, Ana Morenza.