Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O alcalde de Ourense estreita lazos co Consello Económico e Social de Galicia para establecer estudios económicos e industriais na cidade.

O Consello Económico e Social é un órgano consultivo da Xunta de Galicia creado para facilitar a participación dos axentes socioeconómicos e dos representantes da sociedade civil organizada no proceso de toma de decisións. Xa desde a súa creación, a imaxe de organismos homólogos de entidade nacional ou europea, o CES configúrase como un foro permanente de diálogo e deliberación entre os axentes económicos e sociais e os poderes políticos.

Precisamente, para estreitar lazos de colaboración con este organismo, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibiu no despacho da Alcaldía á presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, Corina Porro, para concretar estudios económicos e industriais na cidade.

"É básico establecer un diálogo fluido co fin de deseñar políticas que freen a caída demográfica en Ourense e impulsen o asentamento empresarial na nosa cidade, clave para o crecemento e a creación de riqueza que redunden en máis oportunidades laborais para os nosos xóvenes", sinalou Jesús Vázquez a término da reunión.