Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) ampliará o horario da sala de hemodinámica de Ourense para diminuír os tempos de atención no infarto agudo de miorcardio entre o diagnóstico e a apertura da arteria responsable do infarto. Así o anunciou o 21 de febreiro o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no Parlamento. Neste senso, o titular de Sanidade subliñou que se aumentarán os horarios da sala de hemodinámica do CHUOU, e que nos vindeiros días a Xerencia comunicará o novo sistema de funcionamento que ampliará a asistencia ata as 22 horas.

O alcalde agradece que o conselleiro de Sanidade asumise a súa reivindicación respecto á ampliación de horario da sala de hemodinámica de Ourense. Jesús Vázquez Abad expresoulle ao titular da Consellería de Sanidade a necesidade de reforzar este servizo, co fin de mellorar os tempos de atención no infarto agudo de miocardio.

“É un gran logro, que acadamos gracias ao diálogo e ao traballo sereno e constante entre administracións, pois desde sempre transmitimos desde o Concello a necesidade deste tipo de melloras”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad, quen agradece “a receptividade e a vontade de cooperación de Vázquez Almuiña”

Esta medida forma parte dun paquete de propostas nas que o Sergas está a traballar e que se porán en marcha neste primeiro semestre do ano para co obxectivo de mellorar os tempos de atención no infarto agudo de miocardio en Galicia, en base ás recomendacións propostas pola Comisión de seguimento do Rexistro galego de infarto agudo de miocardio.