Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O programa inclúe visitas ás catas arqueolóxicas das Burgas, un roteiro termal polo río Miño, paseos polo casco vello para coñecer o patrimonio histórico artístico da cidade ou unha excursión á Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da UNESCO

A nosa cidade é a única española entre os membros fundadores da EHTTA, constituída no ano 2009 por as cidades de Vichy, en Francia, Spa en Bélxica, Acqui Terme e Salsomaggiore Terme en Italia, e Bath en Inglaterra

“O termalismo é a nosa carta de presentación, o noso feito singular, o que confire á nosa cidade personalidade propia desde o comezos dos tempos, mais tamén a aposta estratéxica de presente e futuro, pois constitúe unha riqueza única na súa contorna, cun potencial de desenvolvemento enorme nos campos do turismo de saúde, mais tamén no sector da investigación, desenvolvemento e innovación, na medida en que sexamos quen de rentabilizar a riqueza xeotérmica en diferentes sectores, desde a iniciativa pública e privada”, sinalou Jesús Vázquez Abad no transcurso do encontro

Ourense, 26 de abril de 2018.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou hoxe no Consello Executivo da Asociación Europea de Cidades Históricas e Termais (EHTTA, polas súas siglas en inglés) que se celebra na localidade francesa de Enghien les Bains (París) o programa da Asemblea Xeral -máximo órgano consultivo desta entidade- do 3 ao 5 de outubro, organizado xunto coa Deputación provincial. O rexedor detallou persoalmente o contido do programa no apartado de eventos futuros do Consello.

“O termalismo é a nosa carta de presentación, o noso feito singular, o que confire á nosa cidade personalidade propia desde o comezos dos tempos, mais tamén a aposta estratéxica de presente e futuro, pois constitúe unha riqueza única na súa contorna, cun potencial de desenvolvemento enorme nos campos do turismo de saúde, mais tamén no sector da investigación, desenvolvemento e innovación, na medida en que sexamos quen de rentabilizar a riqueza xeotérmica en diferentes sectores, desde a iniciativa pública e privada”, sinalou Jesús Vázquez Abad no transcurso do encontro.

Na Asamblea Xeral da EHTTA que terá lugar en Ourense, ademais das reunións dos Cafés de Europa, foro sobre termalismo que se celebrará no Teatro Principal, ou da propia Asemblea Xeral, no salón de plenos da Casa do Concello, o programa inclúe visitas ás catas arqueolóxicas das Burgas, un roteiro termal polo río Miño, paseos polo casco vello para coñecer o patrimonio histórico artístico da cidade ou unha excursión á Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial da UNESCO.

Entre o 3 e o 5 de outubro, a cidade de Ourense tamén amosará outros programas relacionados co potencial termal da cidade, caso do proxecto GeoAtlantic para promover un crecemento sustentable e intelixente, baseado en recursos endóxenos das rexións atlánticas, ou como empregar a enerxía xeotérmica por medio do desenvolvemento conxunto de ferramentas e metodoloxías que permitan crear as condicións necesarias a través da posta en marcha de ecosistemas locais.

Ourense é membro do Comité Executivo e participa activamente na xestión da asociación a través do seu equipo. Entre os anos 2013 e 2015 foi socio do proxecto Fuentes de Cultura xunto a outros 7 membros da asociación, unha iniciativa cofinanciada pola Comisión Europea na que se explorou precisamente esta vertente cultural do termalismo, xerando unha serie de eventos onde auga, música, historia e arte dábanse cita: os famosos Cafés de Europa.

A nosa cidade é a única española entre os membros fundadores da EHTTA, constituída no ano 2009 polas cidades de Vichy, en Francia, Spa en Bélxica, Acqui Terme e Salsomaggiore Terme en Italia, e Bath en Inglaterra.

Asociación de entidades locais

No ano 2010 obtivo o recoñecemento por parte do Consello de Europa de Itinerario Cultural Europeo. Na actualidade a rede suma máis de 40 destinos en 13 países de toda Europa (incorporando non só aqueles que están dentro da comunidade económica, senón adheridos ao Consello de Europa, Acerbaixán, Turquía..:). En España, ademais de Ourense, forman parte da EHTTA actualmente a Xunta de Galicia (a través da Axencia de Turismo de Galicia), a Eurocidade Chaves-Verín, e vén de incorporarse tamén o goberno provincial, ambos como membros asociados (a categoría de “membro activo” está reservada só ás cidades).

A EHTTA é unha asociación internacional que ten a particularidade de estar constituída na súa maior parte por corporacións locais. É un proxecto liderado polas propias cidades membro e as súas políticas públicas. Ten detrás, por tanto, un compromiso político que fai transcender os principios da asociación ás axendas municipais chegando, a final de contas, ao cidadán. A asociación xurdiu nun momento en que o turismo de saúde estaba a consolidarse como un produto turístico central para Europa, gañando máis e máis peso nunha sociedade preocupada polo coidado do corpo e a saúde, pero sobre todo cunha taxa de envellecemento moi alta.