Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

 

Ourense, 31 de maio de 2018.-

Ourense e a cidade de Jiyuan -cidade de 700.000 habitantes, pertencente á provincia chinesa de Henan- veñen de asinar un memorándum de entendemento en materia de cooperación turística. Este documento, nunca antes asinado polo Concello, está destinado a implementar un acordo de cooperación estratéxica en materia de promoción turística.

O documento foi asinado por parte do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e polo rexedor de Jiyuan, Yinju Shi. Ambas partes reforzarán a revisión de produtos e proxectos, levando a cabo un intercambio mutuo de iniciativas en materia turística ou de investimentos. Ourense é a única cidade da delegación española en China en adherirse a esta histórica iniciativa, por decisión da organización da feira de turismo internacional -IMFT- de Zhengzhou. Por elo, o rexedor ourensán quere agradecer expresamente o apoio prestado por parte da Secretaría de Turismo de China en España, da Asociación Nueva Ruta de la Seda e das propias autoridades da cidade de Jiyuan para que Ourense fose a cidade elexida para asinar este acordo de colaboración.

"O obxectivo primordial deste acordo, o único que asina unha cidade española no marco do International Mayor's Forum on Tourism, representa unha intención firme de cooperación en Cultura e Turismo, establecendo un aliado en materia promocional das potencialidades da nosa cidade, sempre pensando no mutuo beneficio e desenvolvemento conxunto", sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad.

No marco deste acordo, Ourense e Jiyuan deseñarán un mecanismo regular de visitas que facilitará o intercambio e a cooperación entre ambas cidades, favorecendo as condicións para o intercambio mutuo de proxectos turísticos e de investimentos, tanto no ámbito turístico, como cultural e comercial.

"Para Ourense é unha honra abrir una vía de colaboración cunha cidade con características moi similares á nosa, e sobre todo moi interesada en abrir mercado e servizos cara Europa, tendo na nosa cidade o seu punto de referencia", conclúe Jesús Vázquez Abad.

Jiyuan é unha cidade no suroeste da provincia de Henan, República Popular de China. Limita coas cidades de Jiaozuo e Luoyang ao oeste e Luoyang cara ao leste, así como a provincia de Shanxi, ao norte. A súa área total é de 1931 km² e a súa poboación de 736 000 habitantes (2016). O seu nome significa literalmente fonte de Ji, un antigo río que no período da inundacións foi unido ao río Amarelo.

Jiyuan foi un condado pertencente á cidade de Jiaozuo no pasado, logo dividiuse en cidade. O río Ji —un do antigos Catro Ríos, co río Yangtsé, o río Amarelo e o río Huai— orixínase en Jiyuan. Literalmente, a fonte do Ji, de aí deriva o seu nome, é por iso que ten cultivos de trigo, maní, algodón, camote, e millo entre outros. Jiyuan, a diferenza doutras rexións de China, non ten grave seca nen inundacións, pero conta cun clima moi quente.

De acordo cos últimos achados arqueolóxicos, desde fai uns 10.000 anos, precisamente no final do Paleolítico e o comezo do Neolítico, a xente viviu aquí. Adoitaba ser a capital da dinastía Xia, e foi ben coñecido pola súa riqueza entre o Período Reinos Combatentes e da dinastía Han.