Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Un investimento de 400.000 euros permitirá o acondicionamento e mellora da Praza Daniel González, no barrio das Lagoas. Os obxectivos primordiais deste proxecto, redactado íntegramente por técnicos municipais, serán:

  • Mellorar a calidade de vida dos habitantes e visitantes de Ourense
  • Potenciar o uso e disfrute das zonas públicas
  • Incrementar o número de xogos infantís, potenciar a integración de todas as persoas, instalando e aumentando a oferta de xogos e elementos inclusivos
  • Mellorar as infraestruturas, optimizando o aproveitamento da praia de estacionamento
  • Sanear o pavimento das beirarrúas, incluindo a poda das raíces dos Platanos (Platanus x hybrida), Sauces (Salix babylonica), Acer negundo e Melias (Melia acedarach) situados na zona ver de e alcorques viarios
  • Poñer en valor o barrio das Lagoas a través de actuacións de modernización e renovación de infraestruturas e elementos de ocio, tanto cualitativa como cuantitativamente

Esta histórica demanda veciñal levarase a cabo grazas á colaboración solicitada por parte do alcalde, Jesús Vázquez Abad, á consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, na liña na que se remodelaron outras zonas similares en Covadonga e no barrio da Ponte, hoxe en día en execución

Jesús Vázquez Abad salienta que "buscamos todos os mecanismos ao noso alcance, a través da cooperación institucional, para traballar en positivo dando solucións aos problemas que lles importan e preocupan aos veciños e veciñas" e matiza que "gracias a este xeito de traballar, será a terceira zona verde singular dun barrio da cidade que remodelamos e melloramos cun marcado espíritu inclusivo, para o uso e disfrute desta zona pública por parte de todas as persoas".

A través dun proxecto redactado íntegramente polos técnicos municipais de Infraestruturas e Medio Ambiente, reformaranse e melloraranse os equipamentos e infraestruturas existentes, incorporando xogos infantís, elementos de ocio compartido, equipamentos biosaudables e mobiliario urbano, dotándoa dunha nova e moderna instalación de alumeado público.

Tamén se mellorará a accesibilidade (rebaixes de beirarrúas, pavimentos diferenciados, mobiliario adaptado, xogos inclusivos), rehabilitando o firme existente das beirarrúas da praza e a súa zona de influencia debido ao seu avanzado estado de deterioro.

Ampliaranse alcorques de arboreda viaria, podando raices que ocasionen danos a firmes e pavimentos, repoñendo árbores deterioradas ou desaparecidas e reordeando a praza destinada a aparcamento, optimizando o seu trazado para aumentar, coa mesma superficie, un maior número de prazas de estacionamento, xa que se trata dun dos problemas máis salientables desta zona da cidade.