Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá o decreto de delegación de competencias nos concelleiros que integran o goberno municipal. Logo dunha xuntanza co tenente de alcalde, Jorge Pumar, pechou a asignación de atribucións froito do acordo de goberno entre os grupos de Democracia Ourensá e Partido Popular.

Un equipo que agarda que permita mellorar a eficiencia do Concello xa que está “bien diseñada y con las personas más adecuadas a cada cargo”, asegurou. O alcalde avanzou que desde o goberno municipal “vamos a darle un enfoque totalmente profesional, mucho más eficiente de como se estaba funcionando los últimos 12 años, esperemos que sea ilusionantes y se traslade a una mejor gestión”, con el objetivo de que los ciudadadanos “tengan mejores servicios y mejor rendimiento por los impuestos que pagan”.

O tenente de alcalde, Jorge Pumar, asegurou que o goberno é resultado dun “reparto equitativo tal como acordamos en nuestro acuerdo de gobierno y viendo también el perfil de cada persona. No sólo hay que ver las concejalías y las necesidades que hay en el ayuntamiento sino el perfil de cada persona. Creo que está bastante bien distribuido y que es un gran gobierno para esta ciudad”.

Por parte do grupo de Democracia Ourensana:

Alcalde: Gonzalo Pérez Jácome.
Infraestruturas, Obras, Augas, Mobilidade e Transporte: Miguel Caride.
Recursos Humanos: Armando Ojea.
Cultura: Mario González.
Educación, Promoción Económica, Emprego e Formación Ocupacional: María Teresa Rodríguez.
Seguridade Cidadá (Tráfico, Policía Local, Bombeiros e Protección Civil) e Comercio: Ana Isabel Rebanales.
Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de Información: Asúmeas o alcalde até delegación de competencias.

Por parte do Partido Popular

Tenente de alcalde, Medio Ambiente e Perímetro Rural, e Cooperación Institucional: Jorge Pumar.
Urbanismo: Sonia Ogando.
Política Social: Eugenia Díaz Abella.
Facenda e Contratación: Ana Fernández Morenza.
Deportes: Mario Guede.
Participación Cidadá, Turismo, Termalismo, Xuventude e Voluntariado: Flora Moure.