Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Facenda Ana Morenza presentaron esta mañá o proxecto de orzamentos do Concello de Ourense para 2020, “unha grande aposta de futuro”, en palabras da concelleira, quen destacou que os presupostos son “eminentemente sociais, con apoio decidido ao tecido produtivo de Ourense e con especial atención ao comercio local”.

Os orzamentos para 2020 serán un “auténtico punto de inflexión para un problema que se arrastra desde o bipartito” asegurou o alcalde e unha proba dun goberno “que funciona”. “Trátase de ver a luz e saír do foxo”, dixo, lembrando que Ourense era a capital de provincia que leva máis tempo sen orzamentos en España.

Os orzamentos ascenden a 103.126.170 euros. Manteñen ingresos pese á baixada do IBI nun 20%, aumentan as partidas para a área social (+27,45%), apostan polo comercio local, teñen as infraestruturas e o medio ambiebnrte como eixo vertebrador do futuro da cidade e apostan polo deporte.

“En resumo _concluiu Ana Morenza_ a baixada de impostos non impediu que estes sexan os orzamentos máis sociais da historia, non impediron o noso compromiso coa mobilidiade, a accesibilidade e sustentabilidade desde Concello, nin impediron o noso compromiso co tecido produtivo desta cidade, cunha grande apòsta polo comercio local e co deporte”.

O proxecto de orzamentos está en fase de informe por parte da Intervención Municipal. Os pasos seguintes serán aprobación en xunta de goberno local, período de presentación de emendas, aprobación inicial no Pleno do Concello, exposición pública e aprobación definitiva.