Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Boletín Oficial da Provincia do 31 de xaneiro publica a aprobación inicial do orzamento xeral do Concello de Ourense para o exercicio 2020, aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, o pasado 27 de xaneiro. O documento está integrado polo orzamento do Concello e polo do Consello Municipal de Deportes, así como polas bases de execución e anexos de persoal. A concelleira de Facenda, Ana F. Morenza, considera que “é un paso máis para que esta cidade teña os orzamentos que merece, e senta as bases para o seu desenvolvemento definitivo”.

O expediente estará a disposición dos interesados en formato dixital [ENLACE] e en formato papel -no departamento de Xestión Económica e Orzamentaria do Concello de Ourense- durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á data de inserción no Boletín Oficial da Provincia, para que todas as persoas ou colectivos que o consideren poidan facer alegacións. De non presentarse reclamacións durante o período sinalado, o orzamento xeral do Concello de Ourense considerarase definitivamente aprobado.