Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Cámara Municipal de Montalegre (Portugal), Orlando Alves, selaron hoxe o compromiso de estreitar lazos culturais e comerciais, así como de divulgación dos seus eventos máis senlleiros, caso das 'Noite das Bruxas' que se celebran cada venres 13 desde 2002 na localidade lusa, e que congregan 40.000 persoas.

Así, Pérez Jácome adiantou que o 3 de marzo se celebrará unha rolda de prensa en Ourense para anunciar a vindeira noite meiga de Montalegre, un evento que sen dúbida axudará a relanzar a procesión do medo que se celebrará en Ourense o 31 de outubro, e que vai camiño de converterse nun “clásico” da programación cultural e social.

O seu homólogo, Orlando Alves, celebrou “os lazos de cooperación e proximidade transfronteiriza” entre as dúas cidades, e remarcou a ligazón cultural e comercial existente. Á súa vez, comprometeuse a manter o compromiso de estar “uns á disposición de Ourense en todas as iniciativas que se celebren dun lado e do outro”.