Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense adopta novas medidas ante o estado de alerta decretado polo goberno central polo coronavirus, e que foron dadas a coñecer polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, entre as que se atopan a suspensión da ORA, o sistema de control de aparcamento en diferentes rúas da cidade, durante o tempo que se manteña a situación de alerta. Tamén se decidiu que se proceda o precintado das maquinas expendedoras dos billetes. Neste sento, o rexedor anuncia que as denuncias formalizadas na xornada do sábado, non se tramitarán, polo que todas aquelas persoas que se encontraron nos seus automóbiles con sancións “non se tramitarán”.

Outras das medidas acordadas están relacionadas con servizos públicos de transporte. Neste senso, as liñas de autobuses urbanos redúcense a 11, garantindo os desprazamentos ao centro hospitalario de Ourense e tamén á área metropolitana, ademais de aplicarse un novo horario, que será o que esta vixente os domingos. En canto ao servizo de taxis, o alcalde anuncia que se reducirá o 30%, con servizos mínimos. Dese xeito serán 2 ou 3 os taxis nas principais paradas, como as asentadas na residencia sanitaria, estación do tren, parque de San Lázaro, Alameda e Xardín do Posío. Ademais os profesionais do taxi comprométense a desinfectar o vehículo despois de realizar o servizo. E insistir en que se chame á central de taxis para solicitar un servizo, pero sempre que sexa en caso de necesidade, como advertía o concelleiro de Transporte, Miguel Caride.

En canto ao funcionamento do Concello, o alcalde Gonzalo Jácome, comunica o peche do rexistro de forma presencial e se aportará un asistente telemático a través dun correo electrónico e un número de telefono ao que poden chamar para resolver dubidas. Deste xeito poderase seguir realizando trámites, ainda que advirte que “en calquera caso o Estado xa suspendeu todos estes trámites administrativos durante o tempo que dure o estado de alarma”, polo que entende que “no se debe acudir ao Concello a realizar ningún tipo de tramite administrativo”.

Por outra banda, o Concello de Ourense manterá servizos mínimos como o da grúa, así como o servizo eléctrico para atender calquera tipo de avería, xunto co mantemento de vías públicas na medida do posible, e a empresa concesionaria do servizo de auga, Viaqua, garante o suministro asi coma a calidade da auga que chega aos fogares de todos os ourensáns.

O alcalde lembra que “seguiremos traballando, dentro de todas estas limitacións para adoptar tódalas medidas que sexan necesarias para garantir a calidade de vida dos veciños”, ademais de reiterar o mensaxe de que “se non é necesario, deben quedar na casa”.