Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense acordou nunha xuntanza mantida esta maña no salón de plenos, mobilizar 10 millóns de euros para axudar os autonómos, pemes, pequeno comercio e reforzar os servizos sociais afectados polo coronavirus. Farase a través de diferentes medidas, como pode nser a exención de taxas, así coma o aprazamento de impostos, unha vez se decidiu unha modificación dos prazos tributarios que estaban establecidos.

Nesta reunión de urxencia presidida polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, na que participaron o tenente de alcalde, Jorge Pumar, a concelleira de Facenda, Ana Morenza, a de de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, así como a concelleira de Comercio e Seguridade, María Fernández Dibuja, xunto con técnicos do Concello, analizouse a viabilidade de aprobar definitivamente os orzamentos de 2020 ante a necesidade de dispór de máis capacidade inversora. Isto levaría consigo a celebración dun pleno extraordinario, que non tería lugar antes do vindeiro 13 de abril, segundo sinala o rexedor.

Neste senso, o que tamen se asegura por parte do goberno municipal é que se van acelerar todos os trámites para realizar o pago a provedores “o máis rápido posible”, contando para isto con esa capacidade de xestión económica que se necesita.

Tamen ponse de manifesto por parte do goberno, que tanto estas como outras medidas que se podan adoptar terán como obxectivo prioritario atender todas aquelas necesidade que xurdan debido ao estado de alerta, e de xeito especial ás persoas máis vulnerables, coma asi se puxo de manifesto durante a xuntanza.