Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

A concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, visitou esta mañá as instalacións xunto co equipo da concellería e constatou que o edificio se atopa nas condicións axeitadas para poñerse a funcionar no momento en que fose preciso. Neste senso, lembra a concelleira que o albergue do Concello, emprazado na Praza do Trigo, e que conta con 18 prazas, non está cheo, xa que dispón de prazas dispoñibles. Mais, en caso de que fose preciso nalgún momento, abriríase de inmediato o albergue cedido pola Xunta. Ademais, se as circunstancias fosen precisas, o Concello abriría un terceiro albergue, nas instalacións do antigo albergue de peregrinos de San Francisco, con capacidade para 12 prazas máis. O albergue de peregrinos da rúa da Barreira é un edificio de recente construción, xa que entrou en servizo en decembro de 2018, e ten capacidade para aloxar 13 persoas mantendo as distancias de seguridade recomendadas, máis unha habitación que o Concello mantería reservada por se fose preciso illar algunha persoa. Ao igual que o albergue principal, estaría aberto as 24 horas do día e, ademais do aloxamento, ofrecerialles ás persoas usuarias o almorzo, a comida e a cea para que non teñan a necesidade de saír do recinto.