Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O Concello de Ourense xa conta cun coordinador xeral logo de que esta mañá, no salón de plenos, tomase posesión do seu cargo Francisco Cacharro Gosende. O novo alto funcionario prometeu o seu cargo cargo -en galego- perante o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, o tenente de alcalde, Jorge Pumar, e o oficial maior.

De seguido, reuniuse na Alcaldía con integrantes do goberno municipal para perfilar as funcións do seu cargo e para comezar co desempeño das súas funcións.