Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

A xunta de goberno local aprobou esta mañá adxudicacións e expedientes de contratación para diferentes e importantes servizos para a cidade de Ourense.

Entre eles, o servizo de limpeza de centros públicos de Educación Infantil e Primaria (CEIPs) do Concello de Ourense até o ano 2022, que será desenvolvido por dúas empresas (Mantelnor Limpiezas SL e ITMA SL), adxudicatarias dos 5 lotes nos que se divide o contrato. A suma dos cinco lotes ascende a 2.050.114,62 euros para as anualidades 2020, 2021 e 2022. 

Tamén se aprobaron as bases para a contratación do servizo de obras de conservación e mantemento das infraestruturas viarias de titularidade municipal para os dous vindeiros exercicios, o que permitirá a posta a punto das rúas da cidade. Realizarase en dous lotes: o primeiro, para áreas peonís, cun orzamento de licitación anual de 666.000 euros (IVE incluído); e o segundo, para a pavimentación de vías e actuacións complementarias, polo mesmo importe. O total do contrato ascendería a 2.664.000 euros.

En total, a xunta de goberno abordou 28 asuntos achegados por diferentes servizos municipais repartidos entre Contratación, Avogacía Consistorial, Licenzas e Patrimonio. Entre estes asuntos, adxudicouse tamén a concesión demanial para a explotación da cafetería do Xardín Xaponés, por un canon anual de 68.970 euros (IVE incluído) por unha duración de cinco anos.