Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

A Xunta de Galicia, logo da reunión do comité clínico de expertos sanitarios que a asesora na xestión da crise da COVID-19, acordou manter as restricións establecidas para a cidade de Ourense na orde da Consellería de Sanidade do día 2 de setembro, e manter no 75% os aforos permitidos en terrazas. As restriccións están vixentes na actualidade en diferentes municipios galegos. 

Ademais do aforo do 75% en terrazas, cómpre recordar que entre as medidas que teñen que adoptar os concellos con especiais restricións atópanse:

  • Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais está prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros;
  • Limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas;
  • Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto
  • Peche dos centros de día e residencias.
  • Uso obrigatorio de máscara en ximnasios, que é estensivo a toda Galicia.

DOCUMENTACIÓN

RESTRICIÓNS ESPECÍFICAS EN 4 RÚAS DO BARRIO DO COUTO

O día 18 de setembro, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acordou elevar as restricións específicas en catro rúas da cidade de Ourense: Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal (no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Ervedelo e o cruzamento coa rúa Irmáns Xesta

Máis información en Restricións específicas en 4 rúas do barrio do Couto