Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fixo esta mañá chamamento á cidadanía para que cumpra “escrupulosamente” as novas medidas e restricións determinadas pola Consellería de Sanidade na cidade de Ourense para evitar a expansión da covid-19. O alcalde lembra que as medidas, que entraron en vigor hoxe, xoves, responden a un obxectivo fundamental: salvagardar e protexer a saúde das veciñas e dos veciños e intentar “frear calquera gromo e descender o número de contaxios”. “Por iso fago un chamamento, como alcalde, porque é responsabilidade de todos”, sinala Pérez Jácome.

As medidas determinadas pola Consellería de Sanidade logo da reunión do comité clínico que segue a evolución epidemiolóxica da Covid-19 en Galicia, son entre outras:

  • Limitación da ocupación ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.
  • Limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas
  • Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto
  • Peche dos centros de día e residencias.
  • Uso obrigatorio da máscara en ximnasios.

Todas as medidas están na Orde da Consellería de Sanidade do 2 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, que se poden consultar no DOG de onte e aquí: Orde_da_Consellería_de_Sanidade (PDF)