Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, compareceu esta mañá nunha rolda de prensa non presencial -en cumprimento da Orde do 2 de setembro de 2020 da Consellería de Sanidade e por recomendación do Servizo de Prevención de Riscos municipal- na que debullou a actualidade municipal.

O rexedor dixo sentirse traizoado polos concelleiros do seu propio grupo político, pero tamén sente traizoada a lealdade que el mesmo mantiña ao pacto alcanzado co Partido Popular para o goberno da cidade e da Deputación Provincial. Ao seu entender, houbo tres fases nesta ruptura: a do medo -cando o intimidaron cunha intervención inmediata-, á da presión -coa denuncia á Fiscalía e perante os medios, para que dimitise- e a do abandono ou soidade.

Pérez Jácome, que conta co apoio do concelleiro Armando Ojea, asume o mando e o goberno dunha cidade, afirmou, que prevé tramitar preto de 1.000 millóns de euros (en contratacións de adxudicacións coma a do transporte urbano, a auga ou a recollida de lixo, nos orzamentos ou remanentes) en minoría, chegando a pactos puntuais con todos os grupos.

En relación aos seus socios de goberno, Jácome asegura que “podemos garantir a estabilidade de Ourense, pero se o PP non apoia a alcaldía, tampouco apoiaremos nós na Deputación”, órgano no que acusa directamente a Miguel Caride de ser a chave da gobernabilidade.

“Non podo ceder á chantaxe dos traidores”, rematou, e “non pararei ata transformar a cidade”.

A retransmisión da rolda, a través da canle oficial de vídeos do Concello de Ourense, tivo momentos nos que superou os 1.100 espectadores simultaneamente.

Aquí podes ver o Vídeo da rolda de prensa