Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, recibiu esta mañá na Subdelegación do Goberno un paquete de 26.500 unidades de equipos de protección individual entregados polo Goberno de España e pola FEMP para facer fronte á crise sanitaria producida pola COVID-19.

Na cidade, a prioridade centrarase nestes colectivos: “Ningún colexio quedará sen recibir máscaras de protección”, afirmaba Armando Ojea ao remate do acto: “Entregaremos 600 unidades a cada un dos 19 colexios dentro do termo municipal”. Tamén serán entregadas entre servizos básicos -Policía Local e Bombeiros- e entre traballadores e usuarios dos servizos sociais municipais.

Esta entrega forma parte da campaña da FEMP en colaboración co Ministerio de Sanidade e o Ministerio de Política Territorial e Función Pública, e na que se repartirán 12 millóns de máscaras en estreita colaboración cos Concellos de máis de 20.000 habitantes, as Federacións de Municipios Uniprovinciais, Deputacións e outros organismos.

Preténdese así coordinar as distintas accións que permitan seguir avanzando na contención da pandemia e na concienciación da cultura da protección na cidadanía.