Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O pleno do Concello de Ourense aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos, en sesión extraordinaria celebrada no salón de Plenos da Deputación, unha modificación orzamentaria -número 14p/2020- por importe de 1.514.372,38 euros que destina recursos económicos a diferentes áreas municipais, utilizando as figuras dos suplementos de crédito e dos créditos extraordinarios, financiados a través do Remanente de Tesourería.

No apartado de suplementos de crédito, dótanse 1.109.397,38 euros repartidos da seguinte forma:

- Mantemento de hardware e software (8.288,50 euros).
- Plan de Informatización (39.638,40 euros).
- Subvencións para actividades da muller (11.967,12 euros).
- Convocatoria anual subvencións de Política Social (59.140,26 euros).
- Obras de reforma na Canceira Municipal (218.962,66 euros).
- Gastos diversos de La Molinera (25.000 euros).
- Programa de actividades de verán (116.000 euros).
- Contrato limpeza centros escolares (140.000 euros).
- Achega funcionamento da Escola Galiña Azul (255.100 euros).
- Convenio Federación ANPAS (190.217,76 euros).
- Accións promoción comercio local (20.000 euros).
- Investimento en infraestruturas turísticas e termais (25.082,68 euros).


No apartado de créditos extraordinarios, haberá 404.975 euros máis para as seguintes partidas:

- Convenio Colexio de Economistas (20.000 euros)
- Bolsas para o alumnado do programa Ourense Activa (9.975 euros);
- Adquisición vehículos: para Infraestruturas (114.000 euros); para Servizos Xerais (40.000 euros); para Cemiterios (25.000 euros); para Medio Ambiente (90.000 euros); para Cultura (25.000 euros); para Educación (25.000 euros); para Protección Civil (31.000 euros); e para Termalismo (25.000 euros).

Toma de posesión de Telmo Ucha
Na sesión plenaria, ademais, tomou posesión como concelleiro Telmo Ucha Álvarez, de Democracia Ourensá, en substitución de Mario González.