Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou este mediodía o decreto no que nomea como membros da Xunta de Goberno Local os concelleiros Armando Ojea Bouzo e Telmo Manuel Ucha Álvarez, logo da toma de posesión deste último no pleno desta mañá.

Corresponderalle á Xunta de Goberno Local, así integrada, e baixo a presidencia da Alcaldía, colaborar de forma colexiada nas funcións de dirección política que lle corresponden á Alcaldía e exercer as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local

No mesmo decreto dáse conta tamén do nomeamento de Armando Ojea como concelleiro - secretario da Xunta de Goberno Local.

A resolución fixa tamén que a periodicidade das sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local: será semanal, os xoves ás 08:30 horas.

A resolución será efectiva dende a mesma data da súa sinatura, e será publicada no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense e no taboleiro da Casa do Concello. Tamén se lle dará conta desta resolución á Xunta de Goberno Local e ao Pleno da Corporación na primeira sesión que teña lugar.