Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense reactivará as xuntas de área o martes, día 17 de novembro. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen asegura que “todo está en marcha” para que volvan celebrarse as xuntanzas, contando coa participación dos representantes designados por todos os partidos municipais.

As xuntas de área constitúense ao abeiro do Regulamento orgánico do Concello, que establece no seu artigo número 121 que “dentro de cada área, e referido a materias que non sexan exclusivas do Pleno, o alcalde ou concelleiro en quen delegue poderá convocar reunións con carácter periódico, que se denominarán Xuntas de Área, das que formarán parte todos os grupos políticos de acordo coa súa representación proporcional no Concello, e que terán por obxecto dar conta do funcionamento ordinario da área”.