Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello abre hoxe o período voluntario para o pago do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), que permanecerá aberto até o 5 de maio de 2021.

Poderase facer mediante ingreso en calquera oficina das entidades financeiras colaboradoras (Abanca, Caixabank, Bbva, Banco Sabadell, Unicaja e Banco Santander) en horario de atención ao público, mediante tarxeta nun caixeiro da entidade financeira Abanca, ou a través de internet, mediante cargo en conta online naquelas entidades financeiras colaboradoras. O recibo emitido pola entidade financeira constituirá o xustificante de pago.

Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, as débedas esixiranse polo procedemento de recargos no período executivo.

Desde o Concello de Ourense recoméndase o pago mediante domiciliación bancaria do devandito imposto.

Máis de 70.000 vehículos. O padrón fiscal relativo ao Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica correspondente ao exercicio 2021 abrangue 72.407 recibos, dos cales 17.836 están exentos. Así, son 54.571 os contribuíntes con obriga de pago, o que reverterá nas arcas municipais un total de 4.789.204,79 euros.