Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu xunto ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e ao bispo de Ourense, Leonardo Lemos, á presentación dos traballos de rehabilitación da Catedral de Ourense que se van desenvolver a través de dous proxectos.

Por unha banda, a restauración da Torre e da fachada occidental da Catedral (á que dá cara á Praza de San Martiño e proporciona acceso ao Pórtico do Paraíso), unha actuación que financia a Xunta ao 100% (393.000€).

Por outra, a restauración da reixa e dos púlpitos da Capela Maior da Catedral, por un importe de 429.999 euros, financiados pola Xunta, o Ministerio de Fomento e a Diócese de Ourense. A sé ourensá será obxecto tamén de novas intervencións dentro do Plan de catedrais que prepara a Xunta para os anos 2021-2027.

Tamén asistiron ao acto o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o vicepresidente da Deputación, César Fernández, e o tenente de alcalde, Armando Ojea, entre outras autoridades e técnicos das obras.