Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visita no día de hoxe a cidade de San Sebastián, onde esta mañá foi recibido polo alcalde, Eneko Goia, e pola concelleira delegada de Mobilidade e Transporte, Pilar Arana Pérez, nun encontro no que o rexedor ourensán se interesou por diferentes proxectos levados a cabo por esta cidade e, moi especialmente, en materia de mobilidade urbana.

Donostia é unha das cidades españolas onde máis se usa o transporte público colectivo, de acordo coas estatísticas, e conta cunha empresa municipal de autobuses urbanos con moi bo funcionamento. O alcalde coñeceu tamén de primeira man outras iniciativas, coma a dos axentes de mobilidade cos que conta o municipio vasco, que centran o seu labor en fomentar a seguridade viaria, ou o o servizo de préstamo de bicicletas eléctricas, que conta cun alto número de persoas usuarias.

Pérez Jácome visita a esta hora diferentes sistemas e infraestruturas de mobilidade vertical instalados nas rúas da cidade de San Sebastián.