Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense, coincidindo coa reapertura dos aseos públicos, puxo en funcionamento un novo servizo para persoas ostomizadas nos baños dos Xardíns de Padre Feijóo, Parque San Lázaro, Parque da Ponte e Campo da Feira (se ben estes aseos aínda permancen cerrados). Tamén existen este tipo de baños no Pavillón dos Remedios.

A ostomía é un proceso polo cal se forma unha apertura ou saída dun órgano á superficie da pel co obxecto de recoller os desfeitos que produce o corpo humano a un dispositivo en forma de bolsa. Esta abertura ou saída recibe o nome de estoma.

As persoas que ten estoma senten unha gran preocupación á hora de levar unha vida normal. Para facilitar esa normalidade, o Concello de Ourense continúa incorporando este servizo nos seus aseos públicos, para que estas persoas poidan baleirar de forma regular as súas bolsas e evitar unha saturación.

Este proceso de baleirado entraña certa dificultade, onde as persoas necesitan acceder aos aseos ou baños de forma rápida. Para poder realizar esta acción con normalidade, as persoas ostomizadas precisan que, no intre de acceder aos baños, os aparatos sanitarios estean en condicións de ser utilizadas, sen máis perda de tempo.

Dende o Concello de Ourense prégaselle á poboación que non lles dea outro uso a estes aseos e aos aparellos que integra e que se respecte e sexa sensible con aquelas persoas que si precisan facer un uso adecuado dos mesmos.