Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Reunión coa UNED en Madrid

O Reitorado da Universidade Nacional Española a Distancia amosou a súa disposición total a apoiar o proxecto do Centro de Intelixencia Artificial, que se concretaría coa sinatura dun convenio marco de colaboración co Concello de Ourense e coa Universidade de Vigo, entidade que xa amosara o seu apoio, rubricando deste xeito a súa aposta.

Xuntanza do alcalde e presidente da Deputación

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome puxo de manifesto hoxe o “espaldarazo” dado polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, o proxecto do Centro de Intelixencia Artificial, cun compromiso firme e real, tanto no aspecto económico coma a dispoñibilidade da súa futura ubicación. Foi ao remate do primeiro encontro oficial que mantiveron o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no Pazo Provincial, e na que tamén estiveron presentes o secretario da Xunta de Goberno Local e concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, así coma o vicepresidente segundo da Deputación e concelleiro, Armando Ojea, cando se puxo de manifesto a “boa sintonía” que existe naqueles proxectos que suporán un pulo de futuro tanto para o concello da capital coma para a propia provincia.

Foto da reunión

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o presidente, Rafael Castro Armesto, e o ex presidente Alberto de Paula, da delegación en Ourense do Colexio de arquitectos de Galicia mantiveron esta mañá unha xuntanza na Alcaldía coa vontade de estreitar a colaboración entre ambas institucións a prol da cidade. Nesta primeira xuntanza abordaron dous asuntos fundamentais: o compromiso do Concello de axilizar a concesión de licenzas urbanísticas e convocar un concurso de ideas para a posta en valor das dúas marxes do río Miño ao seu paso pola cidade.

Alcalde e tenente de alcade

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá o decreto de delegación de competencias nos concelleiros que integran o goberno municipal. Logo dunha xuntanza co tenente de alcalde, Jorge Pumar, pechou a asignación de atribucións froito do acordo de goberno entre os grupos de Democracia Ourensá e Partido Popular.

Un equipo que agarda que permita mellorar a eficiencia do Concello xa que está “bien diseñada y con las personas más adecuadas a cada cargo”, asegurou. O alcalde avanzou que desde o goberno municipal “vamos a darle un enfoque totalmente profesional, mucho más eficiente de como se estaba funcionando los últimos 12 años, esperemos que sea ilusionantes y se traslade a una mejor gestión”, con el objetivo de que los ciudadadanos “tengan mejores servicios y mejor rendimiento por los impuestos que pagan”.

O tenente de alcalde, Jorge Pumar, asegurou que o goberno é resultado dun “reparto equitativo tal como acordamos en nuestro acuerdo de gobierno y viendo también el perfil de cada persona. No sólo hay que ver las concejalías y las necesidades que hay en el ayuntamiento sino el perfil de cada persona. Creo que está bastante bien distribuido y que es un gran gobierno para esta ciudad”.

Toma de posesión do alcalde

Gonzalo Pérez Jácome tomou posesión como novo alcalde de Ourense no pleno de Constitución da Corporación Municipal, que tivo lugar esta mañá no salón de plenos do Concello. Pérez Jácome, candidato de Democracia Ourensana, foi investido alcalde por recibir a maioría absoluta de votos da Corporación, 14 por parte dos concelleiros e das concelleiras dos grupos políticos de Democracia Ourensana e do Partido Popular.
O Pleno comezou coa toma de posesión dos 27 concelleiros e concelleiras que desde hoxe integran a Corporación Municipal, froito das elecccións municipais celebradas o pasado día 26 de maio: 9 do PsdeG-PSOE, 7 de PP, 7 de DO, 2 de Ciudadanos e 2 de BNG.
Trala votación para a elección de alcalde, o candidato de DO, Gonzalo Pérez Jácome recibiu 14 votos, o cabeza de lista de PSdeG-PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, obtivo 11, e emitíronse 2 votos en branco.
Na súa investidura, o novo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome expresou o seu agradecemento a todas as persoas que o votaron las eleccións municipais e a todo o pobo de Ourense: “Desde ahora seré el alcalde de todos los ourensanos”, dixo.
“Cambiar la ciudad de Ourense”
“Ser alcalde a mí no me dice nada si no puedo cambiar la ciudad. Por eso la alegría vendrá en los días futuros”, asegurou Pérez Jácome, quen salientou que Ourense se enfronta a “dos retos enormes: conseguir que en Ourense se viva mejor, que es poner en marcha la ciudad”, e que en Ourense “se pueda vivir” poñendo fin á “sangría de población”.
“Hemos cumplido un objetivo, el primario, que es el llegar a la Alcaldía, pero realmente el objetivo empieza ahora: que es salvar la ciudad de Ourense”, concluíu o novo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

Praza de Abastos número 1 de Ourense.

O Concello aproba a ordenación decrecente das ofertas para a contratación das obras de reforma e rehabilitación da Praza de Abastos número 1.  A Xunta de Goberno Local tamén adxudica a construción de 168 novos osarios no cemiterio de Santa Mariña, que se sumarán aos 558 existentes  e suporán un incremento do 30% deste tipo de instalacións.

Concello de Ourense.

Soben as consultas sobre servizos de consumos domésticos na Oficina Municipal de Información ao Cidadán (OMIC). En 2018, recibíronse 504 queixas polos recibos de auga, de electricidade e de gas. Estas últimas incrementáronse un 37% respecto ás recibidas en 2017. Destacan, tamén, as queixas polo servizo de telefonía e Internet. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou que a OMIC rexistrou no pasado ano un total de 5.495 consultas, fronte ás 7.351 de 2017, no que as cifras se dispararon polas cláusulas solo. Na Xunta de Goberno Local abordáronse un total de 30 asuntos.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez ao fronte do seu grupo de goberno.

Jesús Vázquez: “Este é o mandato máis ambicioso da historia de Ourense, con máis de 306 millóns de euros acadados en inversións”. O alcalde de Ourense fai balance do seu mandato, no que destacou os logros acadados grazas ao diálogo con outras administracións e a pesar de contar coa peor das oposicións”. O rexedor salienta que cumpriu máis do 80% do programa electoral co que concorreu ás eleccións de 2015, pero que tamén acadou moitos logros que non estaban aí contemplados. Vázquez Abad reivindica que “seguiremos traballando como o primeiro día, porque sabemos que este proxecto terá continuidade, e cunha maioría suficiente para poder desenvolver todos os proxectos que precisa Ourense en liberdade e sen trabas ou bloqueos irracionais”

Rúa Marcelo Macías

A Axencia Galega de Infraestruturas ten redactado o proxecto para executar estas obras, valoradas en 1.711.280,51 euros, e centradas en mellorar o pavimento, os servizos municipais (saneamento, abastecemento, alumeado e tráfico), o viaducto e a sinalización, balizamento e defensas

“Somos conscientes de que se trata dunha das vías de titularidade autonómica que máis melloras precisa a día de hoxe, e por iso solicitámoslle colaboración á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Infraestruturas, que volve a atender a nosa demanda co fin de mellorar os servizos á cidadanía”, sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad

Esta obra é parte do protocolo de colaboración, asinado entre o Concello e a Xunta, para facer cidade e para que os veciños de Ourense vexan reforzada a súa seguridade viaria, a fluidez no tráfico e, en consecuencia, vexan incrementada a súa calidade de vida

O alcalde Jesús Vázquez; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, na Praza  Manuel Sueiro

O alcalde de Ourense destacou o “traballo transversal entre as distintas administracións e as consellerías da Xunta para darlle un impulso moi significativo a esta zona da cidade” coa recuperación de edificios e a rehabilitación de vivendas. O rexedor acompañou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na presentación das novas obras de rehabilitación previstas en catro edificios desta zona da cidade. Vázquez Abad salientou que, a través do plan especial de rehabilitación, en tres anos e medio puxéronse á disposición da cidadanía varios edificios, coma o novo albergue de peregrinos, e déuselle un importante pulo á posta en marcha de obras coma a rehabilitación do Museo Arqueolóxico e á da Igrexa da Trinidade.