Concello
Información da organización e estruturación do Concello
Áreas
Información da división en áreas municipais que forman o Concello
Actualidade
Información de noticias, próximos eventos, notas de prensa...
Cidadanía
Información referente ás vias de contacto co Concello e a posiblidade de transladar incidencias, sugerencias...
Praza Maior nº 1, Baixo Centro Histórico Ourense (32005)
Teléfono: 988 392 909
Horario: de 9.00h a 14.00h
A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:
Recepción de solicitudes de información, incidencias, suxestións e reclamacións
Dende a Oficina de Atención ao Cidadán facilitamos a acollida e tramitación de queixas por tardanzas, desatencións ou actuacións irregulares, así como suxestións para mellorar a calidade dos servizos públicos, incrementar o rendemento e aforro do gasto público, simplificar tramites ou suprimir os innecesarios ou calquera outra medida para aumenta a satisfacción da cidadanía. Tamén pode solicitarnos información sobre o municipio de Ourense e sobre os servizos que presta o seu Concello; así mesmo informarnos das incidencias detectadas sobre danos, deficiencias ou anomalías nos servizos ou bens municipais
Pode facer uso deste servizo:
Temos tamén habilitado o Teléfono de Emerxencias para persoas Sordas: 682 383 037.
Punto de Información Xeral dos programas da Concellería de Asuntos Sociais e CITA PREVIA
Información e orientación a Cidadadanía
A Oficina de Atención ao Cidadán é un servizo dependente da Concellería de Participación Cidadá. A relación da cidadanía con dito servizo pode ser presencial, telefónico e telemático. A Oficina de Atención ao Cidadán é a canle máis directa para que a cidadanía poida acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens de servizos públicos.
A Oficina de Atención ao Cidadán:
Padrón de Habitantes
Na Oficina de Atención ao Cidadán pode solicitar:
Os usuarios identificados na Sede Electrónica Municipal poderán descargar os Volantes e Certificados de Empadroamento (individual), evitando así achegarse as oficinas municipais.
Xestión de recibos
Na Oficina de Atención ao Cidadán facilitamos pode solicitar:
Para facer uso deste servizo debe identificarse polo que poderá solicitalo:
Inscricións Cursos e Actividades
Na Oficina de Atención ao Cidadán podes obter información e inscribirte aos cursos e actividades organizadas polas seguintes concellerías:
Acceso ao servizo de "Carpeta Cidadá". Solicitude de acceso con PIN
Pode que se dea o caso de que vostede non dispoña de ningún dos certificados admitidos para a acceder á Carpeta Cidadá. De ser este é o seu caso, pode solicitar un PIN de acceso á Carpeta Cidadá.
Para poder dispor do PIN de acceso, deberá cubrir o formulario de solicitude de acceso á Carpeta Cidadá. Unha vez realizada a solicitude recibirá unha mensaxe de correo electrónico, indicándolle cando pode achegarse a Oficina de Atención ao Cidadán a recoller as súas claves de acceso. Recorde que deberá acudir coa documentación que se indica a continuación:
Na oficina municipal proporcionaranlle o documento ''Condicións para a utilización do servizo Carpeta Cidadá do Concello de Ourense'', documento que vostede deberá ler e asinar.