Suxestións

Recepción de suxestións

Dende a Oficina de Atención ao Cidadán facilitamos o envío de suxestións para mellorar a calidade dos servizos públicos, aumentar o rendemento e aforro no gasto público, simplificar os trámites ou eliminar innecesarios ou calquera outra medida para aumentar a satisfacción dos cidadáns.

As reclamacións non serán un recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non implica, de ningún xeito, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poidan exercer os cidadáns.

Información

  • Correo Postal: Concello de Ourense, Praza Maior 1. 32005 Ourense
  • Centralita del Concello: 988 38 81 00
  • Oficina de Atención cidadá: 988 39 29 09

Observacións

O dereito a presentar queixas e suxestións corresponde a todos os cidadáns e pode ser exercido por calquera persoa física ou xurídica sen ningunha limitación.

As reclamacións e suxestións serán tratadas de xeito individualizado e cun seguimento da súa tramitación. Deberán conter polo menos o nome e apelidos, o enderezo, o documento nacional de identidade ou o seu equivalente e a exposición do seu obxecto.